Como xa todos sabes, os edublogs de Educación Infantil contan con tres partes imprescindibles:
Título: Onde se identificará o nome do noso blog e a súa finalidade cunha breve descripción.
Menú lateral: Onde podemos incluir numerosos gadget que lles facilitará aos lectores do blog a súa visualización e lectura.
Baixo o meu punto de vista un blog de educación infantil debe ter os seguintes aspectos nesta barra lateral:
- Datos persoais do creador cunha foto do mesmo, é dicir, do mestre ou mestra.
- Un gadget que inclúa os archivos que hai en todo o blog ( cada familia poderá elixir o mes que lles interesa e automáticamente apareceralles tódalas entradas de dito mes) e todas as etiquetas que se empregaron nas entradas ( mostrase unha lista con contidos ou ideas principais de tódalas entradas para que sexa moito máis doado o acceso a esa información)
- Un gadget que mostre enlaces de interese para as familias e podan acceder a eles automáticamente
- Un gadget que mostre recursos educativos interesantes (xogos, contos, cancións...) e páxinas educativas para que as familias podan acceder a elas sen problema e poidan empregalas no seu día a día cos seus fillos.
Entradas: Serán onde a mestra colgue a información que crea conveniente. Deben ter as seguintes partes:
- Data na que se publica a entrada
- Título identificativo da entrada
- A información da publicación empregando textos, fotos ou vídeos.
- O autor da publición e a hora na que o fai
- A etiqueta á que pertence a entrada.
A parte disto, creo que é imprescindible que a decoración do edublog esté adaptada a esta etapa de educación infantil, ás actividades que se desenvolven nela ... Debe ser un blog estimulante, vistoso e de fácil acceso para que as familias se poidan manexar nel sen ningunha dificultade e coa máxima comodidade.
Todo educador debe planificar todo o contido que vai colgar na rede para poder organizalo do mellor xeito posible para evitar confusións e mellorar o rendemento.
Baixo o meu punto de vista, as actividades que se deben mostrar no blog serán de caracter educativo e que lles poida servir de axuda ás familias. Como por exemplo recoñecemento do corpo humano, dliferenciación de conceptos básicos (arriba, abaixo, profundo,...). Como por exemplo:









No hay comentarios:
Publicar un comentario