É o primeiro tramo do actual sistema educativo. De caracter non obligatorio vai dirixido aos nenos e nenas de idades comprendidas entre cero e seis anos. O seu obxectivo primordial é estimular o desenvolvemento de todas as capacidades, tanto físicas, como afectivas, intelectuais e sociais.
Actualmente, a educación infantil, está experimentando importantes cambios. Tradicionalmente os primeiros anos de escolarización eran considerados pouco relevantes e valorábase máis desde un punto de vista asistencial que formativo.
Esta etapa divídese en dous ciclos, o primeiro comprende as idades de cero a tres anos e o segundo de tres a seis.
Asegurar que as experiencias vividas nos primeiros anos da vida son dunha gran importancia no posterior desenvolvemento da persoa, non é unha frase vanal, senón un feito constatado. É nestes primeiros momentos da existencia cando se forman as estruturas neuronais, sucédense os procesos de individualización e socialización, prodúcese un crecemento físico e un desenvolvemento psicomotor, perceptivo e intelectual, que posibilita o desenvolvemento das relacións co medio e cos seus iguais. Todo iso propiciará unha serie de logros que serán a estrutura das posteriores experiencias. Segundo como se ordenen estas primeiras experiencias, así se desenvolverá a formación da personalidade, establecéndose as bases das interacciónes que se efectúen no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario