Este blog ten como obxectivo principal saber manexarse en blogger, posto que pode chegar a ser unha ferramenta moi útil no día a día educativo.
martes, abril 17, 2012
lunes, abril 16, 2012
QUE É A EDUCACIÓN INFANTIL
Esta entrada é a enviada dende o correo gmail.
É o primeiro tramo do actual sistema educativo. De caracter non obligatorio vai dirixido aos nenos e nenas de idades comprendidas entre cero e seis anos. O seu obxectivo primordial é estimular o desenvolvemento de todas as capacidades, tanto físicas, como afectivas, intelectuais e sociais.
Actualmente, a educación infantil, está experimentando importantes cambios. Tradicionalmente os primeiros anos de escolarización eran considerados pouco relevantes e valorábase máis desde un punto de vista asistencial que formativo.
Esta etapa divídese en dous ciclos, o primeiro comprende as idades de cero a tres anos e o segundo de tres a seis.
Asegurar que as experiencias vividas nos primeiros anos da vida son dunha gran importancia no posterior desenvolvemento da persoa, non é unha frase vanal, senón un feito constatado. É nestes primeiros momentos da existencia cando se forman as estruturas neuronais, sucédense os procesos de individualización e socialización, prodúcese un crecemento físico e un desenvolvemento psicomotor, perceptivo e intelectual, que posibilita o desenvolvemento das relacións co medio e cos seus iguais. Todo iso propiciará unha serie de logros que serán a estrutura das posteriores experiencias. Segundo como se ordenen estas primeiras experiencias, así se desenvolverá a formación da personalidade, establecéndose as bases das interacciónes que se efectúen no futuro.
Etiquetas:
Aprendizaxe,
Educación infantil,
Video
Que é You Tube?
YouTube é un sitio web no cal os usuarios poden subir e compartir vídeos. Foi creado por tres antigos empregados de PayPal en febreiro de 2005.YouTube usa un reproductor en liña baseado en Adobe Flash para servir o seu contido. É moi popular grazas á posibilidade de aloxar vídeos persoais de xeito sinxelo.
Etiquetas:
Youtube
Ubicación:
Lugo, España
Os blogs no ámbito educativo
Moitos de nós escoitamos o termino Edublog pero poucos entenden a dinámica que hai detrás.
Antes de nada, quero explicar o que é un blog. Dita ferramenta é un sitio web periódicamente actualizado que recompila cronolóxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
O edublog é a unión das palabras education e blog, referíndonos a blogs cuxo primordial obxecto é asistir e apoiar os procesos de aprendizaxe.
Para crear un blog podemos dispoñer de varias ferramentas que podemos atopar por Internet. Poden ser de caracter gratuíto, é dicir, só se precisa crear unha conta, definir o título, url e poñerse a publicar; e outros poden ser de pago, é dicir, requieren dun dominio propio, alóxanse nun hosting (unha paxina web nun servidor de Internet para que ela poida ser vista en calquera lugar do mundo enteiro con acceso a Internet) e a ferramenta do blog é preciso instalala no servidor propio e adminístrase dende ali como un "subdominio".
- Algún exemplo de blogs de caracter gratuito poden ser: Myblog.es, Google Sites, Blogia.com, Blogger.com , Windows lives spaces , Terra blogs , Weebly, , CoveritLive, Tumblr,Wordpress...
- Por outra banda, algún exemplo de blogs de pago poden ser: Weblogger, LiveJournal, BigBlogTool...
Os blogs poden empregarse de múltiples maneiras no ámbito educativo dentro dunha pedagoxía constructivista:
Como ben dí o artigo de Tiscar Lara: "Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista" os blogs serven de apoio ao E-learning, establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, favorecen a interacción social, dotan ao alumno cun medio persoal para a experimentación da súa propia aprendizaxe e, para rematar, son fáciles de asimilar baseándose nalgúns coñecementos previos sobre tecnoloxía digital.
Polo tanto, o blog poderíase empregar como un lugar a onde os alumnos poderían acceder con plena liberdade para conseguir toda a información colgada polo mestre, tal e como pode ser, proporción de material didáctico (apuntes, lecturas, exercicios...), avisos importantes das xornadas lectivas, explicación e aclaracións do tratado na clase, datas de entrega de diferentes traballos...
Por outra banda, tamén podemos dicir que os blogs podemos empregalos nas nosas aulas como un espazo de liberdade, acompañando ao alumno no seu propio camiño de experimentación e aprendizaxe a través do blog , é dicir, os alumnos mostrarán as súas experiencias, opinións, subxestións... persoais sobre o acadado na materia realizando redaccións, reflexións ou diferentes actividades.
O emprego de blogs no ámbito educativo é moi productiva, posto que se trata dunha ferramenta moi fácil de utilizar e que atrae moitos beneficios na formación dos alumnos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)