lunes, abril 16, 2012

Os blogs no ámbito educativo

Moitos de nós escoitamos o termino Edublog pero poucos entenden a dinámica que hai detrás.

Antes de nada, quero explicar o que é un blog. Dita ferramenta é un sitio web periódicamente actualizado que recompila cronolóxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.

O edublog é a unión das palabras education e blog, referíndonos a blogs cuxo primordial obxecto é asistir e apoiar os procesos de aprendizaxe.

Para crear un blog podemos dispoñer de varias ferramentas que podemos atopar por Internet. Poden ser de caracter gratuíto, é dicir, só se precisa crear unha conta, definir o título, url e poñerse a publicar; e outros poden ser de pago, é dicir, requieren dun dominio propio, alóxanse nun hosting (unha paxina web nun servidor de Internet para que ela poida ser vista en calquera lugar do mundo enteiro con acceso a Internet) e a ferramenta do blog é preciso instalala no servidor propio e adminístrase dende ali como un "subdominio".

  • Algún exemplo de blogs de caracter gratuito poden ser: Myblog.es, Google Sites, Blogia.com, Blogger.com , Windows lives spaces , Terra blogs , Weebly, , CoveritLive, Tumblr,Wordpress...
  • Por outra banda, algún exemplo de blogs de pago poden ser: Weblogger, LiveJournal, BigBlogTool...

Os blogs poden empregarse de múltiples maneiras no ámbito educativo dentro dunha pedagoxía constructivista:

Como ben dí o artigo de Tiscar Lara: "Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista" os blogs serven de apoio ao E-learning, establecen unha canle de comunicación informal entre profesor e alumno, favorecen a interacción social, dotan ao alumno cun medio persoal para a experimentación da súa propia aprendizaxe e, para rematar, son fáciles de asimilar baseándose nalgúns coñecementos previos sobre tecnoloxía digital.

Polo tanto, o blog poderíase empregar como un lugar a onde os alumnos poderían acceder con plena liberdade para conseguir toda a información colgada polo mestre, tal e como pode ser, proporción de material didáctico (apuntes, lecturas, exercicios...), avisos importantes das xornadas lectivas, explicación e aclaracións do tratado na clase, datas de entrega de diferentes traballos...

Por outra banda, tamén podemos dicir que os blogs podemos empregalos nas nosas aulas como un espazo de liberdade, acompañando ao alumno no seu propio camiño de experimentación e aprendizaxe a través do blog , é dicir, os alumnos mostrarán as súas experiencias, opinións, subxestións... persoais sobre o acadado na materia realizando redaccións, reflexións ou diferentes actividades.

O emprego de blogs no ámbito educativo é moi productiva, posto que se trata dunha ferramenta moi fácil de utilizar e que atrae moitos beneficios na formación dos alumnos.











No hay comentarios:

Publicar un comentario